Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/11/08

A fada das lapas



Un fermoso e triste libro este do ilustrador Manuel Janeiro publicado pola editorial Galaxia nunha curiosa edición; e digo curiosa polo de coidada e de singular que o libro posúe. Porque A fada das lapas non é un conto infantil nin é unha novela para adultos. É un relato de amores sobrenaturais e de amores humanos, de amores entre homes e mulleres e de amores materno-paterno-filiaiais; é tamén un libro de vontades, de desexos, de audacias, de fortalezas, de valentías e de ousadías. Un libro do que presumir nos nosos andeis bibliotecarios. Un libro para ler repousadamente e gozar del.

1 comentario:

carlos dixo...

Ten boa pinta: apúntoo

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.