Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

18/11/08

Álvaro Cunqueiro a viva voz

Desde Libro de Notas chego a esta interesante noticia: Unha gravación onde Álvaro Cunqueiro fala da súa obra con José María Alfaro. É do ano 1975, e nela Cunqueiro pasea pola Galiza na que medrou e na que se fixo un dos mellores escritores das nosas letras.
Quería achegárvola até aquí, pero o peso é excesivo e non dei feito. Aquí tedes, pois, a ligazón, para que a escoitedes:

http://www.march.es/conferencias/anteriores/voz.asp?id=674

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.