Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/11/08

Non á violencia contra as mulleres (LXII)

Coa característica xenerosidade plambeira, chéganos este vídeo que @s compañeir@s de Plambe-Ferrolterra nos achegan.






E ademais, Vía Mesturas, "Un conto triste" de Marcos Valcárcel:

Hoxe voulles contar un conto triste. Antonia é unha muller moi humilde que traballa como asistenta e leva a diario a roupa a enxaboar no lavadoiro público de Marineda, aterecida polos fríos do inverno. O seu propio marido asasinou á súa nai e paga a súa pena no cárcere, mentres ela vese condenada a sobrevivir en condicións de extrema miseria criando a un pequeno. A pobre muller confía en que vinte anos é abondo para curar o medo. Pensa ela que pode o seu home morrer no cárcere, ou podo morrer eu, ata aló falta moito tempo aínda. A morte natural nunca a asustou: só a aterroriza de verdade a posibilidade da volta do cónxuxe criminal.

O nacemento dun herdeiro de El-Rei, facilita un indulto que deixa ao preso libre na rúa. A Xustiza dálle ademais o dereito a compartir a casa onde vive a súa muller e onde el cometera noutrora o seu grave delito. Antonia vive angustiada, pensando na hora dese regreso, temendo ser ela a próxima vítima da violencia do bruto liberado. Chega o día fatídico e é obrigada a acollelo no fogar e a compartir leito co asasino. El non chega a matala. O corazón non puido máis: Antonia morre de medo.

Velaí un breve resume do argumento de “El indulto”, un conto de dona Emilia Pardo Bazán, publicado en 1883 en “La Revista Ibérica”. O paso do tempo non deixa de ser un xogo un pouco absurdo. Os grandes problemas, os dramas e traxedias, tamén as nosas ledicias, son os mesmos dende que se escribiu a Odisea. O ser humano, para ben ou para mal, non cambiou tanto. Quizais cambiou moito menos do que somos capaces de albiscar. Iso, cando menos, é o que nos fai pensar este relato tan oportuno, no seu tempo e hoxe.

El indulto” é literatura aínda viva: nin sequera é preciso contextualizala. Por desgraza, os xornais contan cada día historias moi semellantes.


6 comentarios:

Anónimo dixo...

É increíble que poida existir xente capaz de facer tanto dano.Esperemos que con estes videos moita xente se poida concienciar para poder poñer fin aos malos tratos

Anónimo dixo...

Parece mentira que co que evolucionou o mundo ,aínda haxa homes que cren que as mulleres son obxectos, e que as poden tratar como lles de a gana.As mulleres debemos reivindicar os nosos dereitos.

Anónimo dixo...

Canto tempo aguantaremos?
Isto ten que cambiar, non podemos seguir vivindo nunha sociedade tan machista!
Como o podemos remediar, COMO?

Anónimo dixo...

Sip tes tod a razon

Anónimo dixo...

os homes teñen que aprender a respetar se eles tamen queren ser respetados e as mulleres ante o maltratador non poden quedar caladas teñen que actuar xa na primeira agresion.
se non hai amor deixar a relacion e non pegar.
o home cando se casa non e o dono da muller se non o seu compañeiro.

non debemos esquecer que aos homes tamen poden sufrir maltratos

Anónimo dixo...

Os videos gustáronnos e parecéronnos moi emotivos. Creemos que son unha boa iniciativa e esperamos que sirvan ós homes para conciencialos do mal que poden causar ,e a nós, como mulleres para non calar se algún dia nos atopamos nesa desgraciada situación.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.