Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/11/08

O verán de Susana

Se o outro día era Thalía quen nos agasallaba coas súas reflexión sobre os libros lidos no verán, agora chega Susana, unha das miñas mellores lectoras, que me asegurou que este verán leu moi pouco. Aínda así, son dous os libros que nos achega.


El juego del ángel
Carlos Ruiz Zafón
Planeta

Un lector nunca esquece a primeira vez que deposita unha moedas a cambio dunha historia. Nunca esquece a primeira vez que sente o doce veleno da vanidade no sangue, e cre, mergullándose entre miles de páxinas o mundo do seu arredor desaparecerá, e o soño da literatura deixarao penetrar nun novo mundo, onde todo é sinxelo, sen problemas.
Un lector está condenado a vivir este meomento porque para entón xa está perdido, a súa alma achou a liberdade de soñar.
Este libro implica todo isto e moito máis, por iso seríame imposible resumir nunhas poucas liñas o que supuxo para min a súa lectura.
Intriga, amor, trama, aventuras, acción, amizade, odio, rancores inesquecibles... e sobre todo, misterio.
O autor enlaza perfectamente todoas estas caracterísiticas facendo que o lector percorra paseniño Barcelona e volte de xeito irreversible ao Cemiterio de Libros Esquecidos.




Un mundo sin fin
Ken Follet
Plaza & Janés

Non me chegan as palabras para resumir este libro, non son quen de facelo. Porque é un libro especial, un libro diferente, un libro que dá moito sen recibir nada. Un libro que nos transporta até o século XIV. Un libro fundamental para min.
Non podo dicir tampouco se me gustou máis ou menos có anterior, Los Pilares de la Tierra. Nin é mellor nin peor, simplemente é diferente, aínda que se notan os trazos da narración do autor.
E sempre desde a perspectiva que nos asegura "nunca segundas partes foron boas".


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.