A quen siga con atención o noso blogue terá chamado a atención a nova icona do lateral: "diverlendo". E se o lector foi tan curioso como para premer na imaxe, descubriría xa que este noso blogue, Trafegando, volveu ter un irmán para acompañalo na invernía; un blogue do alumnado de diversificación de 3º de ESO, onde van tentar -e conseguirano- reflexionar sobre as súas lecturas. Comprobaredes que son xa 49 os post editados por eles mesmos, debido á obrigatoriedade da lectura de cómics e a dedicación dunha parte dunha das sesións diarias que con eles comparto á lectura.
Pero este blogue nace famento, e pretende que a el se sumen o alumnado de atención educativa de 1º e 2º de ESO, para que o mundo dos libros lles sexa máis cercano e amigable. Quizais o consigamos.
Estades invitados a participar, tanto cos vosos comentarios como coas vosas aportacións.

Sen comentarios
Publicar un comentario