Unha banada deseñada moi especial, non só polos debuxos tan esquemáticos que nos presenta, senón tamén pola propia historia: unha lavadora que farta de lavar e ser mal tratada deixa o seu emprego nunha lavandaría para buscar algo mellor que se traduza precisamente en que a traten como unha persoa; e non só iso, é unha lavadora namorada que sofre porque sabe que nunca poderá ter fillos, aínda que, iso si, poderá ter un gato; unha lavadora xoguetona e até infiel. Unha lavadora, por tanto, moi humana. Pero non só a lavadora é especial, senón que tamén toda a galería de personaxes que circulan polo libro son rechamantes e obxecto de cariño.
A súa autora é Clara-Tanit que emprega tons grises e diferentes técnicas pictóricas, todo iso regado por unha inxenuidade e unha linguaxe moi doce.
A súa autora é Clara-Tanit que emprega tons grises e diferentes técnicas pictóricas, todo iso regado por unha inxenuidade e unha linguaxe moi doce.
Sen comentarios
Publicar un comentario