Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/12/08

60 anos de fracasos en Dereitos Humanos

Desde Amnistía Internacional lémbrannos o que supón a promesa traizoada, a pesares dos adiantos, por parte dos Gobernos do mundo na súa obriga de facer realdade o disfrute dos Dereitos Humanos para todas as persoas. A Declaración segue a ser o maior reto da Humanidade, unha meta común para todas as persoas no mundo. Ninguén debe ser alleo aos abusos contra estes dereitos que se cometan en calquera parte do mundo: impulsar a acción en favor da xustiza e a igualdade, e pedir contas aos nosos líderes por teren faltado ás súas promesas é unha tarefa común. Esta nosa conciencia debe, así, medrar cada día até alcanzar un mundo en que todas as persoas poidas disfrutar dos seus dereitos.
Este audiovisual é un percorrido a través dos grandes retos de dereitos humanos aos que nos enfrontamos, 60 anos despois. Porque aínda queda moito por facer e por cumprir, porque son moitos os Gobernos os que non respectan nin defenden os dereitos das persoas.




Le o informe de Amnistía: unha mirada rápida

1 comentario:

Anónimo dixo...

Non só fracasan os gobernos: fracasamos todos os seres humanos, porque somos nós os que votamos a eses gobernos. Todos temos algo de culpa.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.