Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/12/08

El Baño del Papa

Un filme sobre a pobreza e as súas ilusións.

Na cidade uruguaia de Melo, os máis pobres contrabandean a diario atravesando en bicicleta sesenta quilómetros de fronteira entre Brasil e Uruguai. O día no que se sabe que o Papa Xoán Paulo II virá a Melo, as previsións máis optimistas falan de 50.000 devotos que anegarán a cidade para ver ao pontífice. Cunha euforia xeral, todas as familias humildes da cidade empéñanse en empréstimos ata as cellas para montaren pequenos postos ambulantes cos que saír da súa miseria cotián.
Pero o papa non fará o que todos pensaban: onde ía dar unha multitudinaria misa, dará un breve discurso, e todo se truncará. Está baseada nunha historia real, dura, que só consegue atemperar e encandilar o humor e a visión desa esperanza permanente por mellorar, de levantarse tras a caída.
A película está dirixida por Enrique Fernández e César Charlone.



Vía Capítulo 0

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.