Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/12/08

El blog del inquisidor

Xa sabedes o que sinto por Lorenzo Silva. Telo no centro hai uns anos, manter aquela conversa tan entrañable, haber mantido mesmo outra por email, fai que non sexa obxectiva á hora de falar dos seus libros. Admíroo e punto. Pero, aínda coa boca pequena, este libro non me encantou. O autor fala de que "la soledad acarrea un par de cosas divididas en dos grupos: en los días malos te sientes muy solo o muy sola, en los días buenos te sienten muy libre. La libertad va asociada de manera intrínsica con la soledad". De soidades fala El blog del inquisidor, de tormentos, aparencias, xogos e manipulacións, de tristuras e de vidas.
A pesares do título, non estamos ante unha novela histórica, aínda que temos un capítulo enteiro dunha transcrición do século XVII. Tampouco é unha novela de intriga -xénero ao que nos ten acostumados-, xa que a Inquisición e o que acontence nese xuízo que serve de base para a novela é tan só un pretexto. É máis ben o reflexo dos chats e os blogues, das novas teconoloxías por tanto, onde os protagonistas falan con toques de enxeño. Hai, mesmo, un narrador apócrifo. O destacable é a relación estrañamente intimista que se establece entre dúas persoas grazas á era dixital; unha especie de reto no que se establece un vínculo que non acabamos de crer, con anacos interesantes como as reflexións do Inquisidor pero cunha protagonista feminina demasiado sinxela que non está á altura. E cun final que a min, particularmente, paréceme demasiado evidente e menos crible.

"He incumplido compromisos en el pasado, y esa experiencia, unida a una larga meditación posterior, me ha enseñado una lección que procuro aplicar a rajatabla: no te comprometas nunca a la ligera, pero una vez que lo hagas, revienta o rómpete antes de fallar. Porque lo peor de las deudas insatisfechas no es el menoscabo que uno pueda sufrir en la consideración del acreedor: del acreedor uno puede protegerse, apartarse, incluso borrarlo de la mente. La consecuencia más dañina de nuestros incumplimientos es que nos van empujando, de un modo tan imperceptible como inexorable, hacia el borde de nuestro propio abismo interior. No se trata de que los demás no se fíen de uno, sino de acabar no fiándose de uno mismo: llegados a ese punto, no hay manera de impedir el desastre".

Como sei que algúns de vós andades a lelo, agardo as vosas opinións.

1 comentario:

magister dixo...

Segundo intento de comentario:
Rematei onte, de madrugada, a lectura desta ¿novela? do meu venerado Lorenzo Silva. Superei o farragoso inicio, o desenvolvemento con posibilidades, o exceso de comiñas e citas, para buscar un final que merecera a pena. Pero quedeime coas gañas. É a primeira vez que me ocorre co señor Silva, pero...
Quédome coa cita de Kierkegaard:
"Fagas o que fagas, arrepentiraste".

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.