Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/12/08

Existe o inferno?

Sinceramente, pareceume tan absolutamente xenial este correo que decidín compartilo convosco. A mensaxe levaba por título "A lei de Boyle" e explicaba que a seguinte pregunta foi feita nun exame trimestral de Química na Universidade Complutense de Madrid. A resposta dun dos estudantes foi tan profunda que o profesor quixo compartila:

Pregunta: É o inferno exotérmico (desprende calor) ou endotérmico (absórbeo)?
(A maioría de estudantes escribiron os seus comentarios sobre a Lei de Boyle: o gas arrefría cando se expande e quéntase cando se comprime)

Pero un estudante contestou:

'En primer lugar, necesitamos saber en qué medida la masa total del Infierno varía con el tiempo. Para ello hemos de saber a qué ritmo entran las almas en el Infierno y a qué ritmo salen. Tengo sin embargo entendido que, una vez dentro del Infierno, las almas ya no salen de él. Por lo tanto, no se producen salidas. En cuanto a cuántas almas entran, veamos lo que dicen las diferentes religiones: la mayoría de ellas declaran que si no perteneces a ellas, irás al Infierno. Dado que hay más de una religión que así se expresa y dado que la gente no pertenece a más de una, podemos concluir que todas las almas van al Infierno.

Con las tasas de nacimientos y muertes existentes, podemos deducir que el número de almas en el Infierno crece de forma exponencial.

Veamos ahora cómo varía el volumen del Infierno: según la Ley de Boyle, para que la temperatura y la presión del Infierno se mantengan estables, el volumen debe expandirse en proporción a la entrada de almas. Hay dos posibilidades:

1. Si el Infierno se expande a una velocidad menor que la de entrada de almas, la temperatura y la presión en el Infierno se incrementarán hasta que éste se desintegre.

2. Si el Infierno se expande a una velocidad mayor que la de la entrada de almas, la temperatura y la presión disminuirán hasta que el Infierno se congele. ¿Qué posibilidad es la verdadera? Si aceptamos lo que me dijo Ana en mi primer año de carrera ('hará frío en el Infierno antes de que me acueste contigo'), y teniendo en cuenta que me acosté con ella ayer noche, la posibilidad número 2 es la verdadera y por tanto daremos como cierto que el Infierno es exotérmico y que ya está congelado. El corolario de esta teoría es que, dado que el Infierno ya está congelado, ya no acepta más almas y está, por tanto, extinguido dejando al Cielo como única prueba de la existencia de un ser divino, lo que explica por qué, anoche, Ana no paraba de gritar '¡Oh, Dios mío!'.


Por suposto, este mozo sacou sobresaliente!

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Que mal... pola propia definición de inferno, como lugar de sufrimento infinito situado debaixo do ceo, lugar este de divertimento supremo, non é posible que se expanda. No ceo hai de todo, churros e chocolate, churrasco a esgalla, viño do mellor, nata e doces que non imaxina a irmá de Arguiñano... e as almas cébanse moi pouquiño a pouco (por non cometer gula) pero iso si... constaaaaantemeeeeente. Aínda que hai poucas almas no ceo, todas elas están gordísimas e fan que o globo que o contén, e que ten o rabiño atado no límite do universo, pingue cada vez máis, como unha longa e pesada baba celestial que oprime ao inferno. De feito, o purgatorio, que antes estaba entrámbolos dous, agora queda arriba da gloria... e dá gusto ver ás almas condenadas esvarando pola baba ata bater co cuíño no teito do ceo e rebotar a rolos cara a morada de satán... en fin, por onde ía... si, dicía que o peso da gloria comprime ao inferno, xusto no almacén dos collóns inalámbricos, que transmiten a dor ata 2000 metros de distancia, provocando terribles gritos de dor nos seus propietarios. Toda esta desesperación fai que a casa de lucifer está chea dunha suor quente e desesperada que aumenta continuamente a temperatura ambiente do fogar dos malos... e como queira que o inferno está dentro doutro globo (vermello coma o demo), que repousa no outro lado do universo, aumentará de tamaño de tal xeito que o tragará todo e, na fin dos tempos, logo de tragar ao último malvado, estoupará remexendo o mal co ben e os collóns coa gloria para formar un novo universo... e así continuamente...
Isto é así, que ninguén o dubide. Logo se demostrará. Veredes todos dentro de nada, cando o LHC funcione como deus manda e atopen o bosón de Higs... todos quedarán estupefactos ao comprobar que non é máis que un escroto diminuto.
Non beberei máis ata fin de ano... prométoo...
Saúdos para tod@s.

Ronsel dixo...

Coma sempre, río máis cos teus comentarios que cos "post" que colgo. Canto te quero!!!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.