René Pétillon, gañador do premio ao Mellor Álbum no Festival de Angouléme 2001 con El archivo corso, creou en 1974 un desafortunado detective privado francés. Con el, reflicte a actualidade máis polémica.
En El caso del velo fai rir a integristas e moderados musulmáns, como a todos nós. O seu inútil detective Jack Palmer busca unha moza que parece converterse ao fundamentalismo islámico. Con esta escusa amósanos problemas de convivencia entre musulmáns e franceses e denuncia o trato da muller naquela relixión. O libro acaba converténdose nunha reflexión sobre a cuestión velo si, velo non.
En El caso de la top model o álbum integra tres historias, a primeira das cales serve par darlle título ao libro. Segue a ser a actualidade francesa o fío condutor da historia, sempre retratada esperpenticamente. O protagonista detective segue a resolver casos por pura casualidade, xa que el é un desastre na súa profesión, o que nos leva ao sorriso constante, cuns trazos claros e un guión importantísimo. A ironía e a sagacidade para retratar a nosa sociedade actual é do máis suxestivo.
Non volos perdades.
Non volos perdades.
4 comentarios:
Xa imaxinei que os terías aquí, lin o do velo e o archivo corso. Están moi coñeiros. Boa recomendación Ronsel!
Menos mal que ti sempre andas por aquí
Vin esta fin de semana a película El archivo corso. Moi recomendable, divertidísima!!! Jean Reno e Christian Clavier.
Tomo nota, sempre veñen ben unhas gargalladas. Grazas pola recomendación, Ernesto!
Publicar un comentario