Mentres nós abrimos agasallos, en Gaza recollen asasinados; mentres nós sorrimos polos paquetes, eles choran os seus mortos. Non sei por que sóame que naquelas terras naceu un tal Xesús a quen precisamente debemos estas vacacións. Pouco ou nada debe importar aos xudeus esta coincidencia. Se esta, segundo din, é a noite máis feliz do ano para os nenos e nenas occidentais, en Gaza é unha noite máis de medo, desastre e horror. Non o esquezades.
Se premedes en Lápices para la paz poderedes ter un seguimento deste longo e inxusto conflito. Alí enteirámonos da existencia destas octavillas que o exército israelí lanza desde os avións á poboación para desprestixiar o partido político Hamás, este e non outro é o regalo de reis para nenos e nenas palestin@s.
A todos os residentes de Gaza:
Tome a responsabilidade do seu propio destino!
Se vostede desexa proporcionar axuda para si mesmo e para a xente do seu barrio
Non dubide en chamar ao número que está abaixo para darnos a información necesaria. Os terroristas que tiran proxectís representan unha ameaza para vostede e as súas familias.
O poder de parar a matanza está nas súas mans.
Non dubide!
Aledarémonos de recibir calquera información que vostede teña e non cómpre darnos a súa información persoal.
O anonimato está garantido.
Chame ao seguinte número...

Esta interesante reportaxe de Islas Cíes proporciona outras canles para acceder á máis crúa realidade. Recomendado.
3 comentarios:
Si que se encolle o corazón... Mais tamén cando pensamos que din os estudos que en Galiza hai un 20% dos rapaces que viven en fogares que viven por debaixo do limiar da pobreza. Os datos son oficiais, da Vicepresidencia da Xunta, e están contrastados por organizacións sociais.
Na maioría dos casos non é pobreza extrema tipo Bronx, mais a carestía está aí. Dese 20%, cantos terán reis hoxe? Cantos recibirán soamente os xoguetes vellos e remendados recollidos polas organizacións da caridade? Cantos inventarán na escola que recibiron uns reis que non tiveron? Si que se encolle o corazón.
Hai males da vida contra os que pouco se pode facer. Mais hai inxustizas, coma estas, contra as que si se pode traballar e actuar.
Sabemos da inxusta realidade na que vivimos, non fai falla afastarse para ver a inxustiza nin a desigualdade e procuramos tela presente sempre, e que o noso alumnado a lembre, pero tamén nos debemos ao que acontece noutros lugares, estean ou non afastados. Saúdos.
Sen dúbidas que é así. Unha apertiña e moitos parabéns polo blog.
Publicar un comentario