Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/01/09

Escollan

Descubro no blogue de Carlos Callón este vídeo onde con ironía se fala de bilingüismo:

8 comentarios:

Carlos Callón dixo...

Moitas veces é co humor como se desvendan e explican mellor as cousas. Os compañeiros e as compañeiras de seioque.com conseguírono!

Unha apertiña.

Anónimo dixo...

Moitas veces isto parece que non está ocorrendo pero si, e aínda de que teñamos diante a xente que desprece a nosa lingua e nos como de panocos(con perdón)non facemos nada para defendela e esta é unha das causas máis importantes de por qué o galego así de despreciado.

Anónimo dixo...

Eu creo que debería haber un respeto cara a todas as linguas, e non despreciar a ningunha; xa sexa galego, castelán, euskera, chinés, etc.

Anónimo dixo...

Quitando que o video é moi gracioso (ese acentillo...e xa por non falar do título..) eu avogo polo bilingüismo, porque basicamente son bilingüe. E o que me queira dar a súa opinión argumentada acerca do tema, xa sexa en favor dun idioma ou doutro, pois benvido é.
Non sei se é diso do que vai o video, pero a min foi o que me veu á cabeza.

Anónimo dixo...

A min o muñeco ese faime moita graza, pero a verdade e que o que está a dicir é algo realmente serio.
Para min o galego e a miña lingua, e estou orgullosa de que o sexa. Pero dame pene de que para gran parte da xente galega non sexa así.
Espero que todo o que se supón ser galego e a nosa lingua nunca se perda.
A liberdade de expresión é moi importante.

**Thalía**

Anónimo dixo...

a verdade é un video moi simpático, pero plasma perfectamente a realidade de moitos galegos que rexeitan a súa lingua, a lingua da nosa terra. É moi triste que ocorran estas cousas, xa que por xente así a lingua ten moitas probabilidades de desaparecer.

Anónimo dixo...

Con humor ou sin el o video está a reflexar o que en verdade está a pasar en Galiza,galegos que rexeitan a súa propia lingua.

Anónimo dixo...

Penso que nos deberíamos dar de conta de onde estamos e que cultura temos, xa que estamos en Galicia e teríamonos que estar aloubandonos por estar donde esatamos e ter unha lingua preciosa e unha terra marabillosa. Non debemos despreciar o galego e temos que fomentalo para que non desapareza.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.