Hoxe a aula de 1º de Bacharelato converteuse nun debate informativo do que está a ocorrer en Gaza. Resulta sorprendente a desinformación xeral do alumnado, a pesares dos medios de comunicación; un alumno fixo un breve e esclarecedor resumo da historia de Palestina e Israel desde a Segunda Guerra Mundial: unha clara exposición dos feitos resumidos sen entrar en análises subxectivos. Sentinme orgullosa ao oílo, mentres observaba as reaccións nas faces dos seus compañeiros e compañeiras. Logo pasamos a analizar a crueldade destes días. E topo en Brétemas un resumo estremecedor que vos invito agora a observar: tirade as vosas propias conclusións.







Sen comentarios
Publicar un comentario