Unha interesante saga de cómics, recoñezo un seguimento un pouco difícil e unha trama completamente fantástica, con guión de Christophe Gibelin e ilustracións de Claire Wendlin.
O primeiro número -son cinco- creo que é o máis diferente aos outros. Nel cóntanos unha aventura fantástica con bechos estraños, o que nos lembra a máis pura tradición contística. A partires de aquí a trama complícase cunha árbore que dá vida ou plantexa enfrontamentos ás súas criaturas. E ás veces resulta difícil entender todo o que a historia nos ofrece, mesmo parece caer nalgunhas contradicións nas características dos seus personaxes. Aínda así, a tensión que se produce entre os personaxes, a fantasía da historia... fan desta saga unha boa recomendación.
E o que me parecen fantásticos son os debuxos, dun deseño sorprendente. Moi conseguidos.
Mirarei que opina o meu alumnado de Diversificación... De todos os xeitos, se vos gusta este mundo, botádelle un ollo. Son unha proposta diferente que paga a pena. Aínda que eu quédome co primeiro.

Sen comentarios
Publicar un comentario