Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/01/09

Man on Wire


Man-On-Wire

Este documental narra unha das fazañas do funambulista francés Philippe Petit, calificada como "un dos maiores crimes artísticos da historia da humanidade". En 1974, Petit cruzou por un cable os 60 metros que afastaban as Torres Xemelgas. O reto consistía en cruzar sobre o cable, suspendido a máis de 100 pisos e 400 metros de altura, baixo fortes ventos, coa axuda única dunha pértiga de funambulista.
Unha historia ben contada, con imaxes orixinais combinadas con outras de "dramatización" e entrevistas aos protagonistas 30 anos despois. Achéganos un mundo estraño onde se nos amosa ata onde pode chegar o espírito humano.
Man on Wire gañou o premio tanto do xurado como do público ao mellor documental de 2008.




Vía Microsiervos


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.