Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/01/09

Obra fotográfica de Blanco Amor

Unha interesante exposición inaugúrase este martes 13, ás 20:00, no Verbum de Vigo:

EDUARDO BLANCO AMOR. A OLLADA DO DESEXO. OBRA FOTOGRÁFICA 1933-1973





2 comentarios:

Anónimo dixo...

Eu tiven a sorte de coñecer a Blanco Amor e podo asegurar que como fotógrafo e como observador da vida paga a pena achegarse ás fotos dunha época que falan doutras latitudes e cos medios daquela época...

Carlos Callón dixo...

Moitas grazas pola información. Non sabía desta exposición en Vigo e é realmente interesante poder achegarse á irreverente "ollada homoerótica" de Eduardo Blanco Amor.

Estas fotos poden servir para coñecer outra faceta do autor, mais tamén para abordar un tema transversal como a homosexualidade, a súa presenza na arte, a súa historia etc, aspectos sen os cales ademais non é posíbel comprender nin a vida nin a obra do de Auria.

Unha aperta.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.