O pasado 10 de xaneiro preto de 2500 persoas sacaron os pantalóns no metro en 22 cidade do mundo.
Uunha acción convocada por Improv Everywhere, un grupo que promove "escenas de caos e humor" en lugares públicos.
Este colectivo, creado en agosto de 2001 por Charlie Todd, ten executado máis de 80 misións coa participación de miles de axentes encubertos. O grupo ten a súa sé na cidade de Nova Iorque, onde había máis de 1200 participantes, repartidos en catro liñas de metro.
O máis divertido supoño que será o abraio da xente que os rodea, a xulgar polas caras que podedes ver neste vídeo. E o que máis choca é que debe ir un frío tremendo. Aquí non nos unimos porque non temos metro!
Vía Todas
6 comentarios:
Veña, quen é o que se anima a organizar unha destas no IES??
:P
Para o Antroido, quizais... haberá que llelo propór ao Departamento de Actividades Extraescolares, non?
Eu pensaba que non había organizacións que promovían manifestacións así...
Eu máis Indalecio estamos a favor de levalo a cabo no IES...
Anímaste Oshidori? jeje...
A ver cando facemos unha destas manifestacións aquí no instituto... A ver quen aporta unha idea máis orixinal...
E espero que o simpático de Indalecio non teña a orixinal idea de quitar as camisetas, que é el moi amigo deste tipo de cousas... jejeje
Unha cousa interesante...
Nós apuntámonos ás boas causas, pero algún é mellor que quede tapado!
A destaparse todo Dios!!!!!!
Nina e Adelaida.
Beixos.
A secretaria Isabel, a condesa da Saleta e Nina apuntámonos a organizar unha destas pero para iso necesitamos que alguén leve a iniciativa do proxecto. Por que non propoñemos en dirección que sexan eles os primeiros? Estaría ben!!!!!!!!
Publicar un comentario