Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/01/09

Por Palestina III

O outro día asistín a unha concentración por Palestina en Lalín. Malia a pouca asistencia, foi moi emotiva, grazas á palabra de Celsiño e aos poemas e á música, verdadeira e única loita contra a guerra.



Pedinlle o texto a Celso para reproducilo aquí, pola súa autenticidade e pola súa fermosura. Agardo que vos impacte tanto coma a min.

Para as persoas que habitan Palestina

Parece que custa traballo en Lalín saír á rúa, dar unha palabra común a feitos que o merecen, e que neste caso coma pobo que presume de paz, débese dar.
Inauguramos hoxe un triste marcador de vítimas, para que se vexa a desproporción desta guerra e se defina o resultado pola palabra MASACRE e pola palabra ABUSO.
Simbolicamente metémonos no medio da pelexa e volvemos polo máis débil.
Nós, que somos un pobo que inda ten frescos os relatos de mortes por un metro de sitio nunha finca ou noutra, por un marco que se moveu, pola auga de rega para un prado..., deberemos comprender mellor aos palestinos usurpados, arrinconados, mortos, feridos e exiliados das súas propias terras, mais non do seu ser e da súa dignidade como pobo.
Como di Mamhud Darwix no seu libro Estado de sitio:

Sós, estamos sós ata a náusea,
por toda compaña as visitas do arco da vella.

A quen facemos mal? Facemos mal
a un país? Non nos terá que chaspizar,
sequera unha vez, a alegría?


Hai dous tipos de silencio:

O silencio que se garda como respecto e para honrar e pensar.
E o silencio que tapa coma se non pasase nada, coma se non fose cousa nosa nin nos importase o que pasa.

Pedimos un minuto do primeiro silencio



"Palestina... soy palestina.
Lo esculpí en todas las fachadas.
Con letras grandes y en lo más alto
Ese nombre me sigue, vive en mí y me alimenta
Las grutas de las montañas me conocen
Hice todo lo posible y luego pedí que la nación existiera
Saladino* llama desde muy dentro de mí
Toda mi identidad árabe clama venganza y libertad
Y mis banderas desplegadas en las colinas de Hattin**
Y la voz alarmada de mu'athen de Al-Aqsa**** pide ayuda
Y miles y miles de prisioneros
Convocan a la nación y corean
Llamándoles A Al-Quds (nombre áreabe de Jerusalén, significa "lo sagrado")
A una guerra denunciando la opresión y por destruir el sionismo
Ondeando banderas hasta el cielo
Y repitiendo mis palabras:

PALESTINA, PALESTINA, PALESTINA"

*Saladino dirixiu a resistencia contra as cruzadas europeas, recuperando Palestina do Reino de Xerusalén.

**As colinas de Hattin o sitio da batalla 4 de xullo de 1187, de Saladino contra as cruzadas europeas.

***Mu'athen é un imán.

****Al-Aqsa é unha mesquita de Xerusalén.


1 comentario:

Anónimo dixo...

Tremendamente emotivo

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.