Este álbum ilustrado de Elena O'Callaghan e ilustracións de María Jesús Santos fálanos do drama de vivir nun campo de refuxiados nas palabras dun neno que apenas é consciente desta traxedia a non ser pola escaseza de recursos da que nos fala no seu devir cotián. As ilustracións nos amosan ese vivir nun deserto que non dá nada e só quita, sen posibilidades de ver o mar, do que fala o avó do protagonista porque el si lembra outros tempos de liberdade; os debuxos teñen todos a cor da area, para imprimir de imaxes un texto sinxelo e profundo.
Un libro solidario para pequenos e grandes. Fermosamente triste. Como a realidade que conta.
1 comentario:
Fai dous días comprei para a biblioteca da escola "El color de la sorra" porque unha nena, Mireia, recomendouno. A vida está chea de casualidades!
Publicar un comentario