Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/02/09

Encontro con Antón Riveiro Coello

Hoxe foi un día absolutamente especial porque tivemos a excepcional ocasión de compartir as nosas lecturas cun home que se fai querer e admirar non só por como escribe senón por como é. Dende as 12,30 que chegou ao noso instituto até as 20,30 (si, ledes ben) que marchou, a nosa admiración por el foi en aumento.
Primeiro encontrouse co alumnado de 4º de ESO que lera Homónima, e logo co de 1º de Bacharelato que lera Os ollos de K; e pola tarde -despois dun bo cocido lalinense- club de lectura para falar d' As Rulas de Bakunin. Un día produtivo e especial.




34 comentarios:

Anónimo dixo...

Gustoume moito este encontro.
Pareceume un home moi simpático,e agradábel, que non solo nos falaba das súas obras, senón que tamen nos contaba como sacaba as ideas para os libros etc.
Chamoume moito a anteción o que nos dixo de que estibera a piques de non publicar Os ollos de k, xa que a min pareceume un libro moi bonita e interesante que agochaba moita intriga.
Pareceume unha charla moi amena, xa que se pasou moi rápida a hora.
Non e o típico autor que só che fala dos seus libros e que che aburre, senón que che explica o porque das cousas e contounos parte da súa vida para axudar a entender mellor as couas.

Anónimo dixo...

Gustoume moito a forma que tivo de explicarnos o libro,xa que me resultou moi amena a conferencia.Pafeceume un home moi simpático,e isto sorprendeume moito,xa que cando lin o libro,dábame a impresión de que o escribira unha persoa máis ben seria.

Anónimo dixo...

Encantoume que viñera Antón a reunirse con nós. Gustoume moito a súa maneira de contarnos a súa vida e tamén os libros.
Considero q foi moi divertido e moi simpático.
**Thalía**

Anxinho dixo...

Un día moi agradable na compaña dunha persoa admirable. Dá gusto contar con xente así na noso centro e agardo que o alumnado sexa quen de valoralo.

Foi un auténtico pracer, Antón.
(unha aperta para o paciente Ernesto...)

Anónimo dixo...

O que dá gusto é ir ó voso instituto.

Saudos ós meus amig@s do club de lectura.

Anónimo dixo...

A visita de Antón Riveiro, é un deses días que gardas para sempre na memoria.
Sen dúbida as visitas que nos fan os autores ao centro son inmellorables.

Anónimo dixo...

Pareceume moi entretida a hora que pasamos con este escritor,xa que é moi simpático e se soubo acercar a nós.

Anónimo dixo...

A min persoalmente gustoume moito.... Posto que era moi gracioso e comprebei que fala tan ben como escribe.
Saudos!

Anónimo dixo...

¿Que podo dicir deste home tan marabilloso que tiven a sorte de coñecer?
A verdade e que facer este comentario me está resultando bastante complicado (cousa que non soe ocorrer) debido a que me encantaría plasmar todo o ben que me fixo sentir pero posto que iso é imposíbel, só lle vou dar as grazas por compartir o seu tempo con nós e por regalarnos eses sorrisos dos que nunca me olvidarei.
Tamén quero agraderlle a Ernesto as súas palabras, sen ánimo de quitarlle mérito a Antón...

Anónimo dixo...

Pareceume moi simpático e un bo escritor e por suposto unha boa persoa.
Grazas por compartir o teu tempo con nós.
Unha aperta moi forte e agarimosa.

Anónimo dixo...

Este escritor paceume moi aberto á hora de contar como recollía historias do seu propio entorno para plasmalas nos seus libros.A min persoalmente pasouseme o tempo moi rapido xa que el dirixiase a nós coma se xa nos coñecera.
Foi un pracer que un escritor coma el nos puidera explicar a súa forma de escribir.

Anónimo dixo...

Gustoume moito poder escotar a versión da historia por parte do autor. Independente disto debo recoñecer que me abraiaron as cousas que nos contou, pensei que eran mentira e que en vez de tar co autor do libro etabamos ante un contacontos, pareceravos mentira pero fun hoxe onda Gracia para preguntarlle!!!! O que máis me gustou foi a imaxinación de Riveiro e o ameno e cercano que foi con todos non. Sentín moito non poder asistir ao clube, espero poder velo algunha vez noutro encontro lectivo. Un bico

Anónimo dixo...

Foi un pracer poder ler a este autor e ademáis diso poder velo e escoitar todas as súas historias que son tan interesantes como os seus libros. Espero poder seguir lendo os seus libros.

Anónimo dixo...

Que se pode dicir desta visita... Encantoume, sobre todo as horas que nos pasamos con el pola tarde, que homa tan simpático... E Ernesto tamén... Son moi simpáticos.
Pero agora centrandome en Antón e tan realista falando, non se corta por nada e expresa todo como o sinte, ademáis non foi o típico escritor plasta, senón que foi como unha persoa máis que nos falaba do maravilloso que é o seu traballo.

Gracia, a próximma vez un coma este... ainda que non sei se haberá algún.

Bicos

Anónimo dixo...

A min pareceume moi ben parecía moi bo escritor xa que non esperaba que fose tan entretido e dicía cousas interesantes como sucesos que lle pasaron e non tiña dicir nada de vergoña a hora de dicir algo da súa vida privada.En resumo foi un encontro inolvidable.
Adrián

F. Caccini dixo...

Gustaríame responder,unha a unha, todas as gabanzas, pero, se cadra, a mellor maneira de o facer sexa dicir que o día que pasei convosco queda ben gardado dentro de min. Grazas pola vosa acollida e por serdes tan marabillos@s.
Bicos para tod@s.

Suso Paradela

Anónimo dixo...

A visita do escritor pareceume moi interesante, gustoume moito e foi moi divertido.

Gustoume a idea que tivo de plasmar algunha parte da súa vida nas súas historias e darllas a ler a súa muller antes de ser editadas.

En fin gustoume moito.

Eva Cacheda Pardo

Anónimo dixo...

O autor gustoume moito,pareceume moi entretido e moi gracioso.Gustoume moito as ideas que puxo no libro sobre a sua vida.Pareceume moi gracioso cando dixo que de pequeno lle chmaban coella parida.Foi un dos autores que mais me gustou.

Anónimo dixo...

A min gustoume moito, e pareceume moi divertido. Porque me gustou que falara da súa vida, que nos contase a historia de como se fixo escritor. Tamen que queria chegar a ser guitarrista.Foi o escritor que mais me gustou de todos os que viñeron.

Anónimo dixo...

O escritor de este libro foi un dos que mais me gustou dos que veu. Foi divertido o que contou da sua vida e fixonos pasar un momento moi agradable a todos.

Anónimo dixo...

o libro é moi interesante, e a charla do escritor foi moi entretida, pasámolo moi ben

Anónimo dixo...

O libro gustoume pois enganchabate ata o final, aínda que a historia era algo estraña.

A visita de Antón moi entretida e interesante aínda que durou só unha hora..

Gustaríame ler máis libros deste escritor!

Anónimo dixo...

Este escritor pareceume divertido e gustoume esa hora que estivemos con el e ademais gustoume moito o libro que lemos.
Tamén me gustou moito as historias que nos contou.

Anónimo dixo...

Tubo ben pero... Non teño palabras

Anónimo dixo...

Pareceume moi interesante, moi divertido.Pasei un bo momento escoitando. Contounos a súa vida, falounos dalgunha das súas obras e díxonos que de pequeno queríaser guitarrista.

Anónimo dixo...

estubo ben,pero suspendin o exame

Anónimo dixo...

Aínda que o libro non me gustou moito o charla do escritor foi moi divertida, e só con iso xa valeu a pena ler o libro.

Anónimo dixo...

Este señor é un escritor bo, na conferencia explicou os seus motes de cando era pequeno ( o apelido Coello da lugar :coella parida) chamábanlle así por que de pequeno tiña problemas de obesidade

Anónimo dixo...

En realidade sorprendeume gratamente xa que me esperaba unha charla máis común, sen embargo foi moi entretida e divertida porque nos contou dunha forma resumida como foi a súa vida e como chegou a ser escritor e a escribir a novela da que nos veu a falar.O único negativo que destaco e que me pareceu un pouco breve xa que foi comentando as cousas un pouco rápido e cecais botei en falta tamén un debate entre todos do libro.

Anónimo dixo...

Gustoume moito o seu libro e pareceume un home moi divertido e agradable .

Anónimo dixo...

O escritor paréceme moi boa persoa, polo que contou era algo rebelde e iso gustoume porque déulle esperanza a algúns individuos sen rumbo que hai na miña clase.

Anónimo dixo...

Antón, unha persoa que quedara para o recordo na historia do IES Pintor Colmeiro.Unha persoa con un gran carisma e unha personalidade moi ben definida, desexolle moitos exitos e que siga tendo por moito tempo tardes coma esta para seguir mostrando ós alumnos de toda España as claves para ser un bo escritor.

Anónimo dixo...

Gustoume moito a forma na que nos falou Antón Riveiro Coello, sobre todo as anécdotas que nos contou.
Respecto ao libro non estivo mal. A min algo que me gusta moito nos libros é que te manteña enganchado cada capítulo, e este libro cumpriu ese requisito. O final foi algo enredado pero estivo tamén bastante ben.

1 saúdo.

Anónimo dixo...

Pareceume un encontro moi entretido e el un escritor moi simpático.E fin,que o pasei moi ben nesa hora e que me gustaría que volvese polo instituto.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.