Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/03/09

Libros salvadores de vidas

Un documental "Coraje contra destino" sobre a situación da muller na India, sobre como un libro salvou a unha muller dese país e pode savar outras moitas.
Baby Halder é unha muller bengalí que viviu unha dura vida desde pequena cos seus pais e co seu home. Traballaba no servizo doméstico e o seu señor descóbrea mirando libros; logo anímaa a ler e a escribir, e esta escribe a súa vida: "Unha vida menos común". Este libro acada un gran éxito. Con el, logra un recoñecemento público e un xeito de saír adiante nun ambiente hostil cara ás mulleres. Co seu libro, salvouse do esquecemento.
No vídeo comprobaredes tamén como dúas nenas traballan a eito. Esa é a triste realidade dese país. Como de tantos outros. O maltrato cara ás mulleres é unha das asignaturas pendentes deste noso século XXI.
Van as seis partes. Cómpre tempo, seino, pero paga a pena sentar con calma e velo.




Vía No sólo libros

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.