Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/03/09

Nontodovanserlibros (XXXVII)

Hai aproximadamente dúas semanas rescatei do fondo do meu armario da música un disco que xa había case unha década que non escoitaba e entroume a morriña de volver a disfrutalo. Cargueino no CD do coche e alí está desde aquela. O sorprendente de todo isto é que desde ese día o meu pequeno viaxa do máis tranquilo e estou empezando a pensar que lle vai gustar este tipo de música. Vedes como non é malo poñerlle rock&roll durante o embarazo? É máis, mentres escribo estas liñas está moi relaxado disfrutando dos acordes das cancións de Suede que vos poño máis abaixo.

A banda liderada por Brett Anderson xurdiu a comezos dos 90 pola necesidade da industria británica de contrarrestrar a corrente do Grunge que por aquela época nacera nos Estados Unidos con bandas míticas como Nirvana ou Pearl Jam. Por iso, cando en maio do 92 apareceu no mercado o seu primeiro sinxelo The Drowners, a industria marcounos inexorablemente coma os escollidos tras esta busca de novos sons (algo no que sempre foran pioneiros os británicos por diante dos americanos) e que os converteu na primeira gran banda británica da década dos noventa.

Cancións como So Young, Beautiful Ones ou Animal Nitrate estou convencido que farán saltar as alarmas da nostalxia daquela xente que, coma min, tiñan esquecida a esta banda no fondo do baúl da memoria. E, para todos aqueles que non os coñeceran, agardo que sexa unha boa suxestión.



(por certo, Breixo xa non está tan tranquilo, debe querer escoitar aos Led Zeppellin...)


1 comentario:

Anónimo dixo...

Molan...do 92 tiña q ser...o ano no que sairon á luz as cousas máis fermosas e no q naceu a xeración máis intelixente, porsuposto.
:DD

Vou investigar máis sobre este grupo.
Grazas!

Breixo escoitando Led Zeppellin?
E baila??? xD

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.