Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/03/09

Pola Igualdade da Muller, un ano máis (IX)

A celebración deste día ten como principal obxectivo a unidade de tod@s na loita contra a violencia exercida sobre nenas e mulleres.
Este é o lema para este ano no Día Internacional da Muller:

As mulleres e os homes unidos para eliminar a violencia contra a muller e a nena.

"Todos nosotros – hombres y mujeres, soldados y agentes de mantenimiento de la paz, ciudadanos y líderes – tenemos la responsabilidad de contribuir a eliminar la violencia contra la mujer. Los Estados deben cumplir con sus obligaciones de prevenir la violencia, enjuiciar a los perpetradores y proporcionar reparaciones a las víctimas. Y cada uno de nosotros debe hablar claramente en la familia, en el lugar de trabajo y en la comunidad, de modo que cesen los actos de violencia contra la mujer."
Ban Ki-moon, Secretario General de las Naciones Unidas


Sabiades que a pobreza é unha das causas principais da violencia contra as mulleres? Sabiades que este tipo de violencia é a máis difundida e a menos recoñecida das violacións contra os Dereitos Humanos?
Unha de cada tres mulleres serán vítimas da violencia ao longo da súa vida. Diversas organizacións recoñecen que non hai un só país no mundo no que as mulleres e as nenas estean a salvo da violencia. Moitas veces, este atentado débese ao enraizamento cultural de pensar que o home é superior á muller. Pero outros factores como a pobreza exerce outro tipo de violencia máis silenciosas pero non menos dramática.
- A maioría dos 1400 millóns de persoas que viven na pobreza son mulleres.
- Dos 72 millóns de nenos e nenas sen escolarizar, o 57 por cento son nenas.
- Nas casas pobres, son as mulleres e as nenas as que deben renunciar á atención sanitaria ou á educación para favorecer aos varóns.
- Mulleres e nenas son utilizadas, cada vez máis, como arma de guerra en moitos conflitos.
- No ano 2007 había 1200 millóns de mulleres que realizaban traballos remunerados, fronte aos 1800 millóns de homes.
- As mulleres realizan entre o 60 e o 90 por cento dos labores nos sectores peor remunerados: agrícola e téxtil.

Fonte: Mans Unidas.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.