Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/03/09

Protexer e subvencionar

Despois desta para min lamentable campaña da Igrexa Católica pola... defensa da vida? son moitos os correos que recibín. Pero como este é así de especial, decidín traérvolo: como di Anxo, números cantan!

ESPECIE SUBVENCIONADA:



No ano 2006 pactouse un novo modelo de financiación entre o goberno español e a Conferencia Episcopar para elevar a porcentaxe do Imposto da Renda do 0,52% ao 0,7%. Grazas a isto, nos Presupostos Xerais do Estado para o 2008 o Estado entregará mensualmente á Igrexa Católica 12.751.072,79€. Ou sexa, uns 25.000 millóns de pesetas anuais. E isto sen contar co soldo dos profesores de relixión nas escolas públicas e as axudas aos colexios concertados católicos, ademais doutras entidades dependentes da Igrexa como Cáritas.

LINCE PROTEXIDO:


O programa europeo Life Naturaleza 2005 para a Conservación e Reintrodución do Lince Ibérico en Andalucía dispón dun presuposto total de 25.971.489€, repartido en seis anos, desde o 2005 até o 2011, polo que o programa de protección do Lince Ibérico custa cada ano á Unión Europea 4.328.581,5€ ou unhas 720.215.360 pesetas. Ou sexa, o custo para os españois é de 0€.

Fagan números.

SinDinero.Org cambiou un pouco o cartaz:



3 comentarios:

bolbor dixo...

Hipocrisía hai moita nesta campaña da igrexa católica, porque hai moito que facer polos que xa naceron e dos que poucos se ocupan (e aquí non hai que acuse a ninguén de ser asasin@s), pero tamén hai que dicir que a igrexa sostén unha importante obra social e un patrimonio do que moitos viven, iso tamén son números.
Saúdos para tod@s.

Anónimo dixo...

Pediriaavos a tod@s respeto para as persoas que libremente eleximos ser crentes. Fagamos entre tod@s un mundo tolerante no que podamos tamén elexir ser católicos.

Ronsel dixo...

Nunca atacariamos niingunha crenza, creo que pretendemos ser tolerantes, pero non cremos na hipocrisía. E iso é o que nos parecen determinadas actuacións.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.