Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/03/09

Sagrario´s Room Escape

Agora que case remataron os exames da 2ª avaliación, é o momento de que vos presente este xogo que me tivo enganchado hai uns días; se non o fixen antes, foi por medo a que a moit@s de vós vos pasase o mesmo e vos empeñarades en rematalo.
A historia é moi sinxela: estás encerrado nunha habitación practicamente baleira, con compartimentos secretos e con moitas cousas por buscar coa única axuda do rato. O obxectivo: lograr abrir a porta de saída. Parece doado, non si? Pódovos asegurar que non o é, que non basta coa intuición, que a lóxica (ás veces non tan evidente) e, sobre todo, a boa sorte son factores fundamentais.

E se con todo isto non fose suficiente e vos atascades, tedes a opción de rebuscar na rede algunha pista ou pedirma directamente.

Atrevédesvos? Premede na imaxe e entrade na Sagrario´s room. Se tardades en saír e vos agobiades non vos preocupedes; podedes retomar a partida no punto exacto onde a deixastes no momento que queirades!


Vía Microsiervos

1 comentario:

Cristina Ares dixo...

Eu non lle encontro nin lóxica nin nada. Ando dun lado para outro da habitación topando cousas que non sei pa que sirven e aí parei...

Algunha pista?

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.