Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

17/03/09

Tantos anos mergullados



Calcúlase que en todo o Pacífico podería haber máis de 380 buques cisterna fundidos durante a Segunda Guerra Mundial, cunha carga que supón unha ameaza para o medio ambiente. No ano 2007 detectouse que unha desas cisternas estaba a soltar combustible diésel en forma de burbullas que soben á superficie. Segundo os investigadores, a corrosión podería acabar abrindo os tanques de combustible -as capacidades estimadas son duns 10 ou 15 millóns de litros por tanque-.
Un caso coñecido é o do buque cisterna USS Mississinewa, fundido por un torpedo nipón en novembro de 1944.



Hundimiento USS Mississinewa
Hundimiento del USS Mississinewa el 20 de noviembre de 1944.
Foto U.S. Naval Historical Center Photograph.


O USS Mississinewa localizouse no ano 2oo1. Tras avaliar o risco que a súa carga supoñía para o medio ambiente procedeuse a extraer o combustible. Recuperáronse case 8 millóns de gasoil.


Vía Microsiervos



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.