A piques de morrer, ves pasar a túa vida. Neste caso, pásalle a unha cervexa. Un traballo de McCann Erickson Dublín para Heineken. Centrados no valor de cada botella de Heineken "Vida ata o último grolo", os creativos recrean a visión do percorrido dunha botella até o final do seu ciclo. Un flash retrospectivo, característico de quen se enfronta a unha morte inminente, que nos permite comprender o proceso de produción e distribución de cada botella.
Lembra aqueloutro anuncio da mesma marca do ano 2005 que se reafirma no puramente emocional (ao mesmo tempo indícanos que estas emocións só as senten os homes!).
Lembra aqueloutro anuncio da mesma marca do ano 2005 que se reafirma no puramente emocional (ao mesmo tempo indícanos que estas emocións só as senten os homes!).
Sen comentarios
Publicar un comentario