Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/04/09

Autismo contado por unha nena

Frédéric Philibert realiza unha curta de debuxos de cinco minutos (Mi hermanito de la luna) na que unha nena conta como percibe e convive co seu irmán autista.



A principios do 2008, a Fondation Orange en Francia entrou en contacto cunha asociación de autismo "Autistes dans la cité" que solicitaba axuda para a difusión dunha curta, unha historia animada chea de delicadeza que provocou unha verdadeira avalancha de mensaxes loando a calidade da obra.
Frédéric Philibert é pai dun neno autista e por iso realizou esta curta de cinco minutos de duración que conta as impresións dunha nena sobre o seu irmán, tentado explicar na súa linguaxe sinxela por que este é diferente aos demais nenos. A curta gañou o Gran Premio e o Premio do Público do Festival Handica-Apicil 2007.




Vía Libro de Notas


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.