Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/04/09

Conexión Tubinga

Hoxe a recomendación vén novamente da man de Thalía Troitiño. Eu aínda non lin o libro así que xa vos darei a miña opinión.

Este libro, Conexión Tubinga de Alberto Canal, conta a historia dun mozo que está estudando no Seminario. El, Tito Besteiro, vive no Divino Mestre, onde forma parte dun grupo, "Os Zaratustra", grupo de mozos que se reunen clandestinamente polas noites nas habitacións para falar dos libros lidos, experiencias, etc.
A historia, principalmente, sitúase no ano anterior ao Rito, último paso para ser cura.
Durante este ano vivirá grandes experiencias que farán que se replantexe o seu futuro, e coñecerá á persoa que o marcará e axudará con respecto a este.
A historia xira en torno a un libro prohibido no Divino Mestre, o titulado Existe Deus? de Hans Kiing. O porqué da prohibición vén dos anos 70, anos de enfrontamento da igrexa vangardista de Hans Kiing coa igrexa tradicional.
Toda a polémica desenvólvese na cidade alemá de Tubinga.

Neste libro trátanse aspectos como o amor, a liberdade de elección, os enfrontamentos do pasado, o que é e o que foi a Igrexa, a homosexualidade...
Creo que é un libro interesante e disfrutei da súa lectura, por iso quero recomendalo aquí. Fíxome reflexionar sobre algúns aspectos dos que trata a obra, o que é importante.

4 comentarios:

Vilán dixo...

No noso blog tedes(aínda sabendo que probablemente algún dos mencionados xa teña o galardón)o agasallo de Blog Maneiro, con agradecemento para aqueles que van marcando camiño e tamén para os que están na 'batalla'.

Anónimo dixo...

pois eu si que o lin, e sorpréndeme ver o atinada que está Thalía na súa valoración. Para quen busque algo máis que un argumento de aventuras.. recomendable!!

Cristina Ares dixo...

Pola miña parte pareceme un libro moi lioso, aburrido... Non saquei ningún proveito del. Costoume moito traballo lelo, e de non ser porque era obligatorio para a clase de filosofía nunca o houbese remato. Sinceramente pareceme un gran tostón.

Thalía dixo...

Cris q dirás jaja...a min gustoum moito. Paseino ben lendo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.