Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/04/09

Curtas galegas

Como aínda non vos falara desta canle, vouno facer agora, para que esgotedes o día que vos queda de vacacións vendo xeniais curtas galegas. O portal chámase "flocos.tv", e é o cineclub do audiovisual galego. Como exemplo, baixo o nome d' A lingua animada atoparedes curtametraxes de animación en plastilina baseadas en textos da nosa literatura.
Aquí podedes consultar a ficha de cada unha delas.



Non deixedes de velas!. Xa me contaredes cal vos gustou máis.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.