Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/04/09

Elegía para un americano

Esta última novela de Siri Hustvedt (presentada como a muller de Paul Auster: xa será hora de tirarlle a apostila!), Elegía para un americano, presentada por algúns críticos como "a novela do ano" gustoume pero non creo que mereza tal título.
O libro conta un mosaico de personaxes e emocións, ás veces un pouco pesadas, con referencias ás Torres Xemelgas e mesmo con algunha chiscadela ao marido da escritora (un escritor que tamén escribe guións de cine), todo isto narrado baixo unha fachada de aparente sinxeleza que nos transmite a fraxilidade da vida e dos seres humanos que tentamos aproveitala ao máximo, vagamundeando entre as súas páxinas feridas abertas, traumas case inconfesables, emocións oultas, ofuscacións, e todo tipo de emocións que ao longo da vida podemos sentir en calquera momento. Quizais un dos fallos máis flagrantes sexa crear unha expectativa dunha investigación, que dá pé para o comezo da novela, e que queda mal resolta, sen atopar unha resposta axeitada. De todos os xeitos, considero que é unha lectura recomendábel.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.