Onte tivemos a sorte e a honra de compartirmos a xornada con Miguel Anxo Murado, un home cheo de sorpresas e conversas abraiantes que nos fixo pasar un día -a pesar de todo- agradable e instrutivo. Falounos non só dos seus libros e da súa experiencia vital, senón que tamén comentamos o horror das guerras, da necesidade de defender e falar a nosa lingua, do encontro dos galegos polo mundo, do oficio do xornalismo, da visión que se ten de nós por aí fóra, da presenza dos xornalistas nas guerras, de sentimentos, de impresións, de guións cinematográficos, das escolas palestinas, da dureza da vida, do deserto... O alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato fixeron moitas preguntas a un persoeiro que tanto nos puido ofrecer.
Anteriormente, acompañara ao alumnado de 3º de ESO de Relixión para lles falar do conflito árabe-israelí. E logo da agradable e aleccionadora comida que compartimos, reflexionamos no club de lectura sobre Israel, da súa situación, dos seus habitantes, dos seus odios e temores...
Aprendemos tanto que aínda non acabamos de asimilalo!
Anteriormente, acompañara ao alumnado de 3º de ESO de Relixión para lles falar do conflito árabe-israelí. E logo da agradable e aleccionadora comida que compartimos, reflexionamos no club de lectura sobre Israel, da súa situación, dos seus habitantes, dos seus odios e temores...
Aprendemos tanto que aínda non acabamos de asimilalo!
Grazas de todo corazón por vires.
E grazas a Fernando e á editorial Galaxia por agasallárnolo.
15 comentarios:
Realmente é unha persoa fantástica, chea de sorpresas, como ti dis, e sobre todo tranquilo e reflexivo. A nós tamén nos gustou.
Gustoume moito a forma que tiña de expresarse, aínda que falaba moi baixo.
Chamoume principalmente a atención cando nos contou que unha vez que fora de reporteiro a un país destes que están en guerra, dos 4 que ían(creo recordar)él foi o único supervivinte.
Pareceume unha charla moi amena.
Sen dúbida gustoume bastante máis a visita de Murado ca o seu libro Mércores de Cinza.
Igual que Lorena, quedoume grabado o momento no que nos contou que él foi o único supervivente do seu equipo de reposrteiros nunha guerra.
Gustoume moito a maneira de expresarse que tiña o autor. Falaba baixo, pero claro, é iso faino moi agradable.
Pareceume abariante a vida de Murado. Xa que viaxou por todo o mundo. A min gustaríame poder percorrer tantos sitios coma el.
Tamén me impresionou a cantidade de traballos que tivo.
Alégrome moito de que nos visitara, pois mereceu a pena coñecelo.
O autor explicounos que a meirande parte dos relatos do libro "Mércores de cinza" foran sucesos reais da súa infancia.Traballou de xornalista nunha guerra e non lle gustou nada xa que non lle gustaría ter que repetir esa experiencia.
Non falou durante moito tempo pero explicábase bastante ben e falaba moi baixo.
Encantoume a súa visita, xa que, grazas a ela conseguimos saber máis sobre as guerras que acontecen nesa parte do mundo e que nós non nos preocupamos por elas, non as temos en conta na nosa vida.
Para min, Murado, pareceume unha persoa moi amable, que non só nos falou dos seus libros senon tamen de outras cousas as que se dedica, como a de escribir (ou participar) nas series retransmitidas na galega.
Foi unha visita moi interesante e amena, mágoa que puidera estar tamén pola tarde.
Pareceume moi ben a charla, impactoume sobre todo as historias das guerras.
O escritor pareceume unha persoa moi agradable pero non me gustou a sua brevidade.
Podería dicir do encontro que foi sen dúbida estraño e diferento ao dos demáis autores; ben sexa pola súa timidez ou mesmo polo feito de ter que desvelarlle algúns dos seus "segredos literarios" a uns estraños... Pero sen embargo as súas palabras foron predecibles por min. Só é preciso ler os seus libros para darse conta de como é, ou polo menos nalgúns dos seus aspectos.
Quero darlle as miñas felicitacións, tanto por Ruído como por Mércores de Cinza.
Aínda que me pareceu interesante a súa visita e as súas aventuras moi enriquecedoras debo dicir que non foi dos autores que máis me gustaron pois, para o meu punto de vista era demasiado distante, quizais sexa esa a palabra.
Paréceme un home con moita experiencia e sen dúbida con moito mundo.
o que máis me gustou del é o seu carácter de persoa solidaria.
Gustaríame poder coñecer un pouco máis da súa experiencia na vida.
Pois o señor murado,pareceume un home moi interesante,polo motivo de viaxar por tantos lugares do mundo nos cales traballou de enviado especial.
un saúdo luís...
Gustoume moito a charla que nos dou, resultome máis amena que a doutros autores, xa que nos contou de onde proviñan os relatos e que eran historias reais que el presenciara ou vivira el mesmo.
E tamen me gustou o que nos contou sobre os numerosos lugares que viaxara, sen dúbida foi unha das mellores visitas que tivemos no centro.
un corresponsal de guerra que escribe as súas vivencias, simplemente impresionante, todas as súas aventuras.
os seus libros gustáronme moito, sobre todo ruído.
Pareceume unha boa visita pero podía ser algo menos serio porque sempre contaba o mesmo de que sempre o seus relatos nas súas obras saían da súa experiencia de día a día. E a min iso pareceume moita redundancia.Peron sen embargo o libro encantoume sobre todo o relato de os dous nenos, que un deles lle chamaban "O Pego"
A min o escritor pareceume unha persoan interesante, non por ser escritor nin por como escribe, senón pola multitude de experiencias tan diferentes que viviu e vive: ir a guerras, ser guionista, vivir fora de España e traballar como corresponsal para medios de información nacionais e internacionais, etc..
Publicar un comentario