Susan Boyle, de 47 anos, cunha pinta un tanto rara, seica, fíxose famosa no Reino Unido e na rede debido á súa actuación o pasado sábado no programa de televisión "Britain's Got Talent". Interpretou Soñé un sueño (I Dreamed a Dream) de Los Miserables dun xeito que pon os pelos de punta. A min emocionoume, desde logo. A ver a vós.
Como non podo colgar o vídeo debedes premer na imaxe para velo directamente en YouTube:
Vía
2 comentarios:
Esta muller a min déixame sen palabras... Como para non facelo!!
É impresionante a voz que ten... a primeira vez que a vin na televisión non mo podía crer, como unha muller sen ningunha carreira como cantante podía ter esa voz. A min impresionoume moito.
Publicar un comentario