Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/05/09

Aínda podes

Ifraah Ali Aden, embarazada de catro ou cinco meses, atópase en perigo inminente de execución despois de ser declarada culpable do asasinato doutra das mulleres do seu home, tamén embarazada. Todo apunta a que Ifraah Ali Aden foi condenada a morte despois dun xuízo inxusto. Parece que o xuíz que a procesou é o pai da vítima.
O dereito internacional de Dereitos Humanos prohíbe a execución de mulleres embarazadas e de nais con fillos recén nados.

Se queres asinar para axudar a que, cando menos, teña un xuízo xusto, preme aquí, na páxina de Amnistía Internacional.

http://www.es.amnesty.org/actua/acciones/somalia-mujer-embarazada-en-riesgo-inminente-de-ejecucion/

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.