Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/05/09

Á caza do tesouro

Unha caza do tesouro na procura de dous poemas e poetas



Pensas que es unha persoa que coñece a literatura galega?
Presumes de ter lido todo?
Non tes lido nada pero pensas que paga a pena comezar a ler?
Simplemente desexas gañar 300 €? Ou 400 se estiveres asociado ou asociada á AS-PG?

Pois adiante.

Na seguinte ligazón http://www.as-pg.com/webquests/procurandopoetas/index.html tes as bases e as tarefas para participar nunha caza do tesouro que ademais ten premio.

Este é o correo que me chegou e que vos fago chegar. A Asociación Socio-Pedagóxica Galega quere convencervos para botar uns minutos participando neste xogo literario que, ademais, pode procurarvos unhas pelas. Veña, animádevos! Preme aquí.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.