Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/05/09

Delara Darabi


As autoridades iranís executaron a Delara Darabi o pasado venres 1 de maio pola mañá. Amnistía Internacional considera que o seu xuízo foi inxusto, e os tribunais negáronse a considerar novas probas que, segundo o seu avogado, probarían que ela era inocente do delicto polo que foi acusada cando tan só tiña 17 anos.
Irán executou polo menos a 42 menores desde 1990, con total desprezo polo dereito internacional, que prohíbe inequivocamente a execución dos condenados por delictos cometidos sendo menores de idade.
Podes asinar aquí contra estas execucións.

Delara e o seu mozo entraron a roubar na casa dun curmán do pai desta no ano 2003. Parece que o mozo matou ao parente de Delara e esta confesouse autora do crime para salvar ao mozo.
Durante os seus case seis anos de reclusión, Delara pintou os horrores do cativerio.
Unha mostra do que pintaba antes do cárcere




e durante:




As conclusións: para vós.

3 comentarios:

silvia villar garcia dixo...

Pareceme totalmente inxusta a súa morte xa que se declarou culpable por un crime que non cometeu.Os seus cadros mostran a escuridade de vivir engaiolada durante tanto tempo,pagando por un crime que ela non cometera.

Carla dixo...

Penso que isto e todo cuestión dos ideais de cada relixión... aínda que debo recoñecer que estou totalmente en contra disto.
A rapaza rebela nas súas pituras o horror que debeu pasar alí dentro, e o que lle viña enriba.
Pareceme totalmente increíble o que se fai neses paises coa xente.

Thalía dixo...

Eu estou encontra, xa que se priva da vida persoas como a Delara Darabi.
Foi unha morte totalmente inxusta e sen ningún fundamento.
As súas pinturas antes de entrar ao cárcere son moi vivas e cunhas cores que dan vitalidade, mentres que as que son de cando está no cárcere son todo o contrario, intentan mostrar a dor e o sufrimento que tivo que pasar.
Considero que non é nada xusto o que fai moita xente nestes países.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.