Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/05/09

El oficio de vivir

A miña querida alumna lectora Andrea Díaz vén de ler El oficio de vivir de Cesare Pavese, unha lectura que quere compartir con tod@s vós; desta volta fíxome caso nas miñas recomendacións. Vale, case sempre o fas!!!




A la maña siguiente Cesare Pavese no pidió el desayuno
Por Juan Luis Panero

Solo bajó del tren,
atravesó solo la ciudad desierta,
solo entró en el hotel vacío,
abrió su solitaria habitación
y escuchó con asombro el silencio.
Dicen que descolgó el teléfono
para llamar a alguien,
pero es falso, completamente falso.
No había nadie a quien llamar
nadie vivía en la ciudad, nadie en el mundo.
Bebió el vaso, las pequeñas pastillas,
y esperó la llegada del sueño.
Con cierto miedo a su valor
-por vez primera había afirmado su existencia-
tal vez curioso, con cansado gesto,
sintió el peso de sus párpado caer.
Horas después -una extraña sonrisa dibujaban sus labios-
se anunció a si mismo, tercamente,
la única certidumbre que al fin había adquirido.
Jamás volvería a dormir solo en un cuarto de hotel.

A primeira vez que lin o nome de Cesare Pavese foi neste poema. Gustoume tanto cando o lin que decidín averiguar quen era ese tal Pavese, quen foi o que se suicidou e sobre todo, por que?
Cando vin este título non o pensei e collino.
Ao principio non lle fixen moito caso, pero unha noite vino enriba da mesa e abrino: o que lin gustoume tanto que me mergullei por completo entre as súas páxinas.
Non é un libro fácil, non conta unha historia, aínda que todo o que di está conectado e repite unha e outra vez moitas ideas, a modo de análise ao longo de todo o libro.
Non só coñecín moito sobre o autor, senón que tamén aprendín moito sobre moitas outras cousas -aínda que pode parecer que o autor estivese tolo-, por iso dáme un pouco de reparo dicir que nalgunhas cousas me sentín identificada.

"Cuando una palabra, un hecho, una sospecha nos ha producido una intensa agitación pasional, llega el momento en que al agitarnos nos damos cuenta de que a no recordamos la palabra, el hecho, la sospecha. Pero la pasión es cada vez más intensa".
Cesare Pavese

E non é certo?

2 comentarios:

Anónimo dixo...

No blog O castelo da lúa tedes un agasallo: considerámosvos bog maneiro. Aproveitamos para darvos os parabéns polo voso traballo. Un saúdo.

Ronsel dixo...

Moitas grazas, sinceramente. Por ambas cousas.
Saúdos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.