Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

18/05/09

Lecturil Plus convertido en Cultigal Forte

Cando vin este Prospecto en Biblioríos e que existía na rede en catalán e en castelán, souben que era a miña obriga traducilo á nosa lingua. Pero ademais, proporcionoume unha estupenda idea para desenvolver na Semana das Letras Galegas. De aí o cambio de nome: un xeito de "galeguizar" a medicina que tanto necesitamos nestes tempos. Porque non só potenciamos a lectura, senón que o facemos na nosa lingua. Así que, agardando que non lles pareza mal aos creadores de tan sabia medicina, este é o resultado. Por suposto, aqueles que queirades aproveitar o prospecto en galego pero co nome orixinal, só tedes que cambialo.




Este prospecto pretende fomentar a lectura en galego, en caso de dúbida revise os seus prexuízos.

O principio activo deste medicamento baséase na probada capacidade da lectura para estimular as habilidade dos nen@s e xoves tales coma o pensamento, as emocións, a imaxinación, a atención, a autoestima, a linguaxe...

INDICACIÓNS

Aconséllase para exercitar o intelecto e mellorar o rendemento escolar

COMPOSICIÓN

Os compoñentes dos libros desenvolven a creatividade e a imaxinación.

CONTRAINDICACIÓNS

A lectura pode causar entretemento, diversión, relaxación e distracción positiva.

PRECAUCIÓNS

Potencia a capacidade de observación, atención e concentración.

EFECTOS SECUNDARIOS

Esperta as inquedanzas, axuda a descubrir novos horizontes.

INTERACCIÓNS

O hábito da lectura combinado con outros factores educativos xera opinión e aumenta a autoestima.

ADVERTENCIAS

Pode estimular e satisfacer a curiosidade intelectual e científica.

POSOLOXÍA

Un instante de lectura diario desenvolve a linguaxe e mellora a expresión oral e escrita.

SOBREDOSE

En doses elevadas aumenta o vocabulario e mellora a ortografía.

REACCIÓNS

En combinación con outros estímulos facilita a aprendizaxe continua: coñecemento, información e cultura.



Pero... como facer para que este chegue ao noso alumnado? Necesitabamos dunha caixa de medicinas apropiada que contivese o prospecto. E este é o resultado:



Non creades que foi doada a construción desta: levamos dúas semanas recortando e pegando. Son moitas e o traballos é esgotador para o meu alumnado de Diversificación. Pero, a verdade, estamos moi content@s co resultado final.

Temos a caixa de medicina e fáltanos a receita. Atopámola en Interneteando e aquí a temos:



Agora xa estamos preparad@s para a Feira do Libro que celebramos esta semana no centro. Non só amosamos todas as editoriais galegas, senón que recomendamos libros e lecturas, e o alumnado participa activamente nesta recomendación, pois eles e elas colgarán un tendal coas lecturas que deixaron pegada neles.




Seguirá a crónica coas fotos noutros post. Feliz Semana das Letras Galegas.
E, por suposto, haberá preguntas, vídeos, presentacións... arredor de Ramón Piñeiro e as Letras.

6 comentarios:

BIBLIORIOS dixo...

Sencillamente genial.

RAIOTECA. Biblioteca CEIP Andrade. dixo...

Totalmente dacordo con BIBLIORIOS:
Xenial!!!!!!
Un saúdo.

Oshidori cos petos baleiros dixo...

Grandiosisima iniciativa Gracia.
E gran traballiño o dos de diver...apuuuuuf!
E canto libro....queres que a miña economía vaia a pique??

Ronsel dixo...

Si, Andrea, quero que merques libros e que fagas unha túa impresionante biblioteca. Non dirás que eu non colaboro!!!
Grazas, Biblioríos. Sen ti, nada disto sería posible.
Grazas polos ánimos, Andrade.

Paramio dixo...

Mira: Hai que ir ata Silleda para que te receten ou tamén recetates "on line"?

Ronsel dixo...

Querida Paramio: a ti recéitoche como cumpra, xa o sabes. Pero encantaríame que viñeses ata Silleda: agardamos a túa visita dende hai tempo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.