Comezamos coas nosas actividades arredor do Día das Letras Galegas. Ademais das que imos desenvolver a semana próxima, esta fin de semana organizamos unha "solta" de poemas e libros por todo o concello de Silleda, agasallos para todas aquelas persoas que queiran levar un libro ou poema para as súas casas.
Durante toda a semana, o alumnado escolleu un poema, ou escribiu un, para meter nun sobre, co lema "Poemas ao Vento" (Grazas, Biblioríos). Estes foron sufragados polo Concello de Silleda. Ademais, buscamos libros de todas as temáticas para repartir. E o venres, o alumnado de 1º de Bacharelato converteuse en pomba mensaxeira das Letras Galegas. Durante a fin de semana serán os encargados de repartir por todos os recunchos do concello de Silleda poemas e libros, deixados "casualmente" en parques, bares, comercios... onde eles e elas foran ou quixeran entrar.
Recolla nos medios: La Voz e O Faro
Aínda non vou dicir nada da aceptación destes agasallos entre @s veciñ@s. A ver que me contan o luns!
Recolla nos medios: La Voz e O Faro
Aínda non vou dicir nada da aceptación destes agasallos entre @s veciñ@s. A ver que me contan o luns!
6 comentarios:
e que me dis do marabilloso fotógrafo "profesional"?? que ghuapism@s vos sacou a tod@s!!!!
Sempre reclamando! E todas as que tirei ao lixo????
Fixestes o mellor: que as LETRAS saian fóra dos Centros.
neses sobres hai un estilo esquisito. Nas fotos moita "clase". Nas caras das protagonistas un montón de sano orgullo.
Que bonito o comentario anónimo.
A verdade é que os libros (os que levei eu) voaron literalmente, en cinco minutos non quedou rastro deles...espero que os esté disfrutando alguén! Q ilusión!
:D
Si? aínda non me contastes nada!!!
Publicar un comentario