Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/05/09

O Guantanamito


Recollo de Migramundo esta reflexión (lédea alí enteira) de Guillermo Pardo falando do centro español de reclusión para inmigrantes en proceso de deportación; un lugar ilegal e absurdo para agochar o que non queremos ver, situado en Mauritania.
O "Guantanamito", como o denominou Amnistía Internacional o ano pasado, é unha especie de centro de paso ao que son enviados os inmigrantes expulsados de Canarias e no que permanecen mentres non os mandan a outro país, aínda que non sexa o seu. Nun informe elaborado por encargo do Ministerio de Asuntos Exteriores de España, a CEAR asegura que quen é enviado alí vive en condicións de amoreamento extremo nas celdas habilitadas, vellas aulas de ventás seladas e con ventilación insuficiente. Nos seus 40 metros cadrados acollen entre 15 e 17 literas náus, nas que os detidos permanecen 24 horas ao día porque non se lles permite realizar máis actividade que camiñar s 60 metros que os separan das letrinas.
E mentres, nós reclamamos Dereitos para outros países, cando no noso estamos violándoos continuamente.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.