Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/05/09

Ponte nas ondas

"Sumámonos á defensa da nosa lingua, o noso maior patrimonio, e convidamos a exercer o dereito a vivir en galego sen ningún tipo de impedimentos nin de coaccións. No Día das Letras Galegas 2009 queremos reivindicar a lingua galega como o principal soporte xerador das manifestacións do noso patrimonio cultural inmaterial. Unha lingua que foi a creadora desde a época medieval das mellores expresións da cultura galego-portuguesa. Unha lingua que nos achega a unha comunidade de falantes de máis de 200 millóns de persoas en todo o mundo e que constitúe o mellor pasaporte para tender pontes coa lusofonía. Unha lingua que nos identifica no mundo fronte á globalización e á uniformización lingüística."




Vía Mesturas


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.