Educación prohibe actos informativos sobre as enquisas lingüísticas.
A consellaría pídelle aos directores que informen á Inspección de calquera campaña nos centros. Os sindicatos consideran que o Goberno quere “amordazar” o profesorado no proceso de reforma do decreto.
“Aproveito para lembrarlle que a Dirección do centro é a responsábel do normal desenvolvemento do proceso de realización da consulta e en consecuencia deberá prohibir todas as accións ou actos, tanto a favor como en contra do mesmo, mantendo informada en todo momento á Inspección Educativa”. Este parágrafo, que figura nunha circular enviada nas últimas horas pola Consellaría de Educación aos centros, está a provocar un considerábel malestar entre o profesorado.
Os sindicatos CIG e o STEG xa arremeteron esta mesma tarde contra unha circular que consideran que busca atemorizar á comunidade docente para que, coincidindo coa chegada das enquisas para mudar o decreto non se implique nunha campaña en prol do galego. O polémico correo chega pouco despois de que sindicatos e colectivos diversos acordaran crear unha fronte comun para reivindicar que o idioma do país non perda terreo nas aulas. De feito, os equipos de normalización lingüística dos colexios públicos e concertados teñen previsto repartir milleiros de folletos informativos para que os pais pidan que, polo menos, a metade das materias se impartan en galego.
A este respecto, dende o STEG afirman que xa teñen consultado o correo cos seus avogados e que o correo electrónico non ten valor legal ningún, xa que vulneraría principios básicos como a liberdade de expresión ou a sindical. Xosé Cabido, membro deste sindicato, é claro: “Isto non ten valor ningún. Todo centro que queira pode seguir adiante coas campañas. Se nalgún momento se intenta prohibir a libre información ou hai accións contra un centro, pódese denunciar porque non é legal”.
Dende a CIG-Ensino son contundentes coa circular: “Facemos un chamamento ao profesorado a que actúe segundo o seu criterio sen deixarse intimidar polas ameazas ilegais dunhas autoridades educativas que perderon o seu carácter institucional para comportarse como axentes electorais dun partido político”.
Agora, máis ca nunca, non podemos ser covardes. Levantémonos en armas lingüísticas, e loitemos. Pola nosa lingua, o noso ben, o noso berce, o noso ser.

Sen comentarios
Publicar un comentario