Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/06/09

Especie ameazada


Desde ADEGA:

"Temos na Galiza unha especie única, que só existe nesta parte do mundo: un endemismo, termo aplicado en Ecoloxía. Este endemismo atópase en perigo de extinción debido a que a administración non se preocupa por fornecerlle un hábitat favorábel na escola e na sociedade.
A derogación do Decreto representa a consolidación da competencia desleal dunha especie alóctona, tan instalada que case se percibe como propia, como pasa co eucalipto.
Esiximos aos poderes públicos respecto e compromiso coa nosa lingua:

O FUTURO DO GALEGO NON PODE SOMETERSE A REFERÉNDUM!

Se só temos un monocultivo de eucaliptos, quen seremos nós sen os nosos bosques? E quen seremos nós se perdemos a nosa lingua? A defensa do galego, ao igual que a protección dunha especie ameazada, non pode someterse a referéndum.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.