Onte visitounos Ana Iglesias, autora do Caderno de Actividades sobre o documental Linguas Cruzadas, para falarmos de Sociolingüística. Esta actividade enmárcase dentro do programa que o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística realizaou para o mes das Letras Galegas.
Unha tarde chea de debate na que Ana quedou agradablemente impresionada do ambiente galegofalante que se vive no noso centro e mesmo da actitude positiva cara á nosa lingua do noso alumnado. Unha tarde que resultou moi curta e que deberemos retomar o curso que vén.
Moitas grazas, Ana, polas reflexións e a compañía.
Unha tarde chea de debate na que Ana quedou agradablemente impresionada do ambiente galegofalante que se vive no noso centro e mesmo da actitude positiva cara á nosa lingua do noso alumnado. Unha tarde que resultou moi curta e que deberemos retomar o curso que vén.
Moitas grazas, Ana, polas reflexións e a compañía.
4 comentarios:
Pois a verdade é que nos mostrou uns vídeos moi interesentes. Nestes saían uns rapaces da nosa idade para arriba que nos contaban a súa "experiencia" ca lingua galega.
A súa visita serviunos para ver como a pesar do transcurrir dos anos a visión que temos tanto do home galego como da lingua é pésima.
Parece incríbel como a xente galega pode chegar a dicir que o galego non vale "para nada" e que onde esté o castelán que se suprima o resto.
Un atraso estes ideais da nosa sociedade.
O reportaxe estivo moi ben e, logo, o traballo que fixemos con ela tamén estivo moi ben. Intentou transmitirnos, e creo que o conseguiu, que por ser galegos non somos nin raros nin incultos, e que somos persoas moi intelixentes con unha lingua propia. Por iso temos que defendela.
A reportaxe estibo moi ben.Tamén estiberon ben as actividades que dixemos logo con Ana.
Espero que a profe de galego non poña o que falta da reportaxe para poder rematar de facer as actividades
Gústome moito o que chegamos a ver de documental, xa teño ganas de terminalo.
Para para min é raro comentar sobre isto...sobre este tema. Non sei ...
Se penso no documental póñome de mala ostia, asi de fácil. Non podo crer que haxa persoas así... que pensen desa forma do galego, e non vou dicir malas palabras porque non as digo e menos nun comentario jaja. Pero de verdade que me poño de malo ostia, non son galego falante pero estou con que a xente teríao que falar. Se eu tivese un idioma que fose meu, o defenderia, e é o que teñen que facer.
E logo os que falan castelán, e que dicían que podia pasarse como unha lingua elegante e tonterias desas, non sei... para a miña nese documental só escoitase tonterias parvas pero moi parvas de persoas que pensan mal do galego! Xa me desafogeime jaja, con isto o meu comentario
Publicar un comentario