Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/06/09

Valor económico da lingua

Por Miguel Anxo Fernán Vello:

Agora que anda o PP tan próximo a postulados galegófobos en materia idiomática, lembro un estudo do profesor García Delgado titulado "El valor económico del español". Un proxecto de investigación, realizado por economistas, que me levou ao coñecemento dunha interesante obra de Ángel Martín Municio, patrocinado pola Real Academia de Ciencias, o Instituto Cervantes e a Fundación Santander Central Hispano, podemos obter directamente a información de que o valor económico do castelán na cifra do 15 por cento. E fálase aquí, como é obvio, do valor material, tanxíbel, da lingua española -establecido a través dos produtos compostos por ela que se venden no mercado-, non do valor inmaterial ou simbólico.
Que valor ecónimico ten o idioma galego? E que valor inmaterial atinxe a lingua propia de Galicia? Terá máis valor en todo o seu conxunto a catedral de Santiago que o idioma milenario do noso país?

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.