Vindo o préstamo e a recomendación de quen vén, non podía menos que me gustar. E é que Los rojos de ultramar de Jordi Soler é un libro que engancha, pola trama, pola temática, pola escrita. Conmovedor e instrutivo, aborda a temática do exilio ao remate da Guerra Civil, contando o autor a historia do seu propio avó, quen sufriu longas penurias e ata decidiu -xunto con outros exiliados- tentar matar a Franco nos anos 60.
Semella incrible que o poder de aniquilación e destrución exita con tanta forza, tanta que, tal como afirma ao final, "el maquillaje que con tanta dedicación puso el general Franco sobre la Guerra Civil se fue sumando al acuerdo colectivo de olvidar".
Sendo unha historia novelada, o libro amosa a unión existente entre España e América Latina, xa que moitos destes países acolleron aos exiliados, como é o caso de México. Resalta o traballo do seu embaixador en Francia para axudar os deportados. Resulta tamén interesante a descrición de como estes cataláns que chegaron a México case de casualidade tiveron que se enfrontar a outra concepción da vida e a outra cultura completamente diferente. E a min, particularmente, chámame a atención que na colonia que alá inventaron o catalán seguiu a ser a súa lingua. Unha lingua que nunca quixeron perder.

Sen comentarios
Publicar un comentario