Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/07/09

Miradas "impulsivas"

Semella que "Impulse" é o equivalente a "Axe" en feminino. Pero cunha sedución máis elegante e sen situacións ridículas. Por suposto, o fondo é o mesmo: usando este produto a arma é infalible. Pero o cambio de estética é importante, xa que no caso masculino ridículizase ás mulleres, mentres que aquí ambos saen ben parados. Por que ocorre isto?



Vía

2 comentarios:

meme dixo...

Hai anuncios que conteñen unha sensibilidade especial, mentres que hai outros que parecen feitos por "simioss", ou algo así.

Iria dixo...

Por e pra simios diría eu. Igual de deproravel é a concepción da muller coma mero obxecto, coma do home, mero animal movido por instintos primarios.
A publicidade, ó longo da súa historia, sempre se servíu de clixés, e sempre será así mentres non cambiemos a sociedade da que se nutre.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.