Seredes capaces de ver, escoitar -ler- estas palabras sen derramar unhas cantas bágoas? Eu non fun quen, desde logo. Son 18 minutos, pero tedes tempo: estades de vacacións.; e se non o tedes, buscádeo. Hai reflexións, palabras, verdades, que non debemos deixar pasar.
Premede na parte inferior do vídeo para os subtítulos nos idiomas.
Grazas, Bibliomanía, por este agasallo.
5 comentarios:
Impresionante Gracia, impresionante!
Directamente: amo apaixonadamente a esta muller! Encántame como é, o que di e como. Grazas polo agasallo.
En dúas palabras:
im-presionate
É evidente de que o vídeo está en boas mans!!!
Espallar as palabras de Isabel Allende é contibuir dalgún xeito ao seu propósito de conseguir un mundo máis xusto.
Apertas.Loli
Cando comezei a ve-lo video e vin a Isabel Allende a miña cara mudou de expresión (non é que me guste o seu estilo de escribir) pero cando comezou a falar deixounos os seus principios ben claros... A parte de aclararnos que lle gustan as pernas de Sophia Loren...
Pero o máis interesante sen dúbida foi a súa exposición do mundo no cal vivimos... Un mundo cruel sen lugar a dúbidas. Para min non o é, en verdade, pero foi o que dixo ela. Que pasa no resto do mundo?
Publicar un comentario