Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/08/09

Agasallo


Desde Belesar, en Baiona, chéganos un agasallo que agradecemos profundamente: o Mimo de Blogueiras Amigas que "pretende unir a todas aquelas persoas que dedicamos moitas horas aos nosos blogues procurando encontrar o mellor para poñelo ao servizo do noso alumnado, familias e compañeir@s".
Segundo alí nos informan, hai que enviar o mimo a cantos blogues queiramos. Como xa noutras ocasións puidemos repartir aloumiños, nesta volta ímosllelo dedicar a TODOS AQUELES BLOGUES QUE LOITAN POLA NOSA LINGUA, xa que a situación actual require máis ca nunca a nosa unión.
Moitas grazas por nos lembrar.

2 comentarios:

paideleo dixo...

Eu penso que é un mimo ben merecido pola perseverancia, traballo e amor posto neste blogo con vídeos e temas variados.
Seguide así.

Ronsel dixo...

Moitas grazas polo teu comentario e agarimo. As túas verbas axudan a manternos en pé.
Saúdos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.